Visión e Equipo en prospección e vendas, servizo de emprego
Ademais de entrevistar persoalmente a todas e cada unha das persoas que conformaban a unidade de empresas do servizo de emprego autonómico de referencia deseñamos e executamos, de maneira lúdica, unha estratexia para fortalecer e aliñar o equipo en torno a un obxectivo: prestar un mellor servizo público para as persoas desempregadas e as empresas do territorio. Acordamos a misión do servizo, construímos argumentarios (telefónicos, de correo e para RRSS), guionizamos e ensaiamos a forma na que realizar as reunións (virtuais ou persoais) e, finalmente, recollemos todo nun breve e práctico manual.
“Fan que te divirtas, fanche pensar e danche resultados.”
David Quirós Alcalde de L’Hospitalet de Llobregat(2023-actualidade)